Qué facemos

Táboa e puntón de piñeiro

Madergal, S.L.prepara táboa e puntón de piñeiro en diferentes dimensións e escuadrías. A madeira pode ir tratada contra os fungos cromógenos do azulado e/ou segundo as esixencias fitosanitarias da norma NIMF nº 15. Os seus destinos principais son a construción (encofrado) e as esqueletaxes.

  • LONGOS: 2,00 y 2,50 m.
  • ANCHOS DIVERSOS (100/arriba mm.)
  • GROSOS: 20, 25, 40, 50 y 75 mm.

Aínda que estas son as dimensións máis habituais, pódese facer case calquera medida e/ou escuadría por encargo. Dispomos para entrega en destino da mercadoría dos nosos propios camións.

Travesas e cachas de ferrocarril para vía ancha ou estreita

Madergal, S.L. dispón de travesas de madeira para a súa utilización en vías de ferrocarril. Fabrícanse en diferentes especies, sendo as máis comúns piñeiro e carballo (en distintas variedades e subespecies), aínda que é posible realizalas tamén noutras como akoga baixo demanda. Poden ser adquiridas en branco (sen tratamento algún) ou tratadas con creosota. Nos casos en que sexa necesario, tamén se entregan con distintas mecanizacións: caxeadas, barrenadas, zunchadas, chapeadas con sistema gang-nail, etc.

Dispomos ademais de stock suficiente para servir pedidos urxentes. A mercadoría pode ser entregada en destino cos nosos propios camións.

DIMENSIÓNS HABITUAIS:
TravesasCachas
190x22x13 cm300x24x14 cm
240x24x14 cm350x24x14 cm
260x24x14 cm400x26x14 cm
450x26x14 cm

Aínda que estas son as medidas estándar, pódese facer case calquera medida e/ou escuadría por encargo.

Pódese atopar información máis completa da fabricación, tratamento, mecanización e aplicacións deste produto na páxina web da Asociación de travesas de madeira (Astrama), da cal somos socios.

Embalaxes e pallets de madeira

A fabricación e comercialización de embalaxes e pallets de madeira, tamén figura entre as nosas actividades. Pódense elaborar nas súas diferentes medidas ou standares, (con varias entradas, con ou sen ás ou patíns, reversibles ou non reversibles), etc. Si é necesario poden ir marcados co selo fitosanitario correspondente á norma NIMF nº 15 Leñas e outros subproductos

Leñas e outros subprodutos

Entre os subprodutos atópanse, as leñas para calefacción, xeralmente en madeira de carballo, as serraduras con destino a fabricas de taboleiro ou papel e a corteza como fonte de enerxía renovable ou para a súa utilización en xardinaría.