Política de Calidade e Medioambiente

Declaración de Política de Calidade e Medioambiente

A Calidade e o respecto polo Medio Ambiente nos procesos desenvolvidos na empresa para a fabricación e comercialización de travesas, e nos aspectos e impactos xerados pola empresa, forman parte importante nas decisións da Xerencia de MADERGAL, S. L. Xa que logo, existe unha Política de Calidade e Medio Ambiente baseada nas seguintes directrices:

  • Promover a mellora continua das actividades e servizos no ámbito da súa relación coa Calidade e o Medio Ambiente, avaliándose por anticipado as repercusións de calquera novo desenvolvemento sobre estas variables.
  • Demostrar aos nosos clientes actuais e potenciais a nosa capacidade para ofrecer uns produtos sempre conformes coa calidade requirida e froito dunha xestión ambiental adecuada, que ten como fin a prevención da contaminación asociada aos nosos aspectos e impactos ambientais, a saber, a contaminación acústica, a xeración de emisións atmosférica, de verteduras ás augas e de residuos, pasando polo consumo de recursos enerxéticos, materias primas e auga, e terminando polos efectos sobre o medio físico e sobre os chans. Así, serán avaliados co obxecto de previlos, eliminalos e reducilos ao mínimo, facendo un uso adecuado dos recursos naturais.
  • Cumprir en todo momento as esixencias da lexislación e a normativa vixente que lle sexa de aplicación á nosa organización, con especial interese no cumprimento da lexislación e normativa ambiental no ámbito internacional, estatal, autonómico e local, así como todos os requisitos en materia de medio ambiente subscritos pola nosa organización.
  • Fomentar a comunicación e cooperación cos empregados e provedores para que se alcancen todos os obxectivos marcados e os clientes reciban a mellor atención e servizo pola nosa banda. Prestarase especial atención ás inquietudes dos empregados, provedores, clientes ou demais partes interesadas en materia de medio ambiente.
  • Adoptar todas aquelas medidas que entren dentro das posibilidades da empresa para a prevención de accidentes que poidan ter repercusións para a saúde humana e o medio ambiente.
  • Documentar, revisar, actualizar e comunicar o noso compromiso co medio ambiente.
  • A Política proporciona o marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos e as metas de calidade e medio Ambiente.

En Guitiriz, a 18 de Outubro de 2009